3ª Festival das Cometas na Illa de Arousa: Unha tarde divertida e reivindicativa.

Onte tivemos na Illa de Arousa o noso 3º Festival das Cometas. Este ano quixemos darlle un tono reivindicativo e simbolizar no fuxir das cometas ( e escaparon certamente moitas) a fuxida dos dereitos dos nosos fillos.
 Para facer isto contamos coa axuda inestimable de Esther Cuadrado, a nai guerreira por excelencia, e cunha muller admirable e loitadora, Dona Lola Folgar.
 Esther fíxonos chegar este manifesto que leu alto e claro a nosa querida Julia Guillán e que repartimos tamén entre os asistentes:


Un de cada 150 nenos galegos está diagnosticado dentro do espectro autista. O que debería ser obxecto dun plan galego integral de atención ás persoas con trastorno do espectro autista converteuse nun branco doado de exclusión, discriminación e vulneración dos dereitos máis básicos das persoas con autismo e as súas familias.
Dende a Asociación Por Dereito denunciamos que non é unha cuestión de cor política, senón de compromiso e respecto cos Dereitos Humanos de todos.
Denunciamos a desidia, a falta de planificación e a falta de recursos para unha educación inclusiva digna dos nenos galegos con autismo. Mentres que a Consellería de Educación outorga premios de innovación educativa a proxectos de intervención educativa de escolares con autismo en ámbitos ordinarios, os nosos fillos sofren a falta de recursos, e compromiso da Consellería de educación co Dereito a unha educación inclusiva digna dos nosos fillos.
Denunciamos que en 2011  aprobase un novo Decreto de atención á diversidade contrario á Convención sobre os Dereitos Humanos das persoas con minusvalía.
Denunciamos que aos recortes en bolsas, servizos sociais e dereitos recoñecidos pola lei de promoción para a autonomía persoal  súmanse  a deficiente atención que reciben os nosos fillos dende os servizos de atención temperá, sanitarios, educativos e servizos sociais o que poñen en perigo a súa evolución e o seu futuro.
Denunciamos a súa invisibilidade. Nin se respecta nin garante o dereito dos nosos fillos a participar de forma activa e plena da vida da súa comunidade. Está en trámite unha nova lei de accesibilidade de Galicia na que non se recoñece o dereito á accesibilidade e a igualdade de oportunidades das persoas con barreiras de comunicación e linguaxe.
Denunciamos, ante a pasividade e silencio das grandes asociacións e organizacións que representan as persoas con autismo, o deseño de políticas financiadas co diñeiro de todos os galegos encamiñadas ao confinamento e reclusión dos nosos fillos.
Porque a inclusión educativa e social dos nosos fillos forma parte dos seus Dereitos Humanos, pedimos a rebelión, a implicación de todos e todas os galegos e pedimos a colaboración de todos para derrubar o muro de silencio e invisibilidade e exclusión dos nosos nenos.
Pedimos que o teu silencio non sexa cómplice da vulneración dos Dereitos Humanos dos nosos fillos.

A prensa local fixo tamén unha boa cobertura e o venres e hoxe apareceron na prensa noticias coma estas:
En La Voz de Galicia

Portada de Arousa no Faro de Vigo venres e domingo:


Como poderedes ver nas fotos que vos deixamos a continuación tivemos tempo de todo: ler a manifesto, voar as cometas e divertirnos coas nosas familias, amigos e veciños de A Illa, compartir unha deliciosa e apetitosa merenda, xogar, rir, falar...Unha tarde difícil de esquecer. Grazas a todos os que a fixéchedes posible. 



Grazas tamén á colaboración de Gonzalo, o noso cometeiro e diseñador do cartel e ao ofrecemento dos mozos e mozas de Conexiondance.
Pero sobre todo ao Concello da Illa e aos seus veciños, sempre dispostos a recibirnos cos brazos abertos!!
Para o ano que ven "mais e mellor" pero antes do 4º Festival de Cometas ainda faremos mais cousiñas neste magnífico Concello. Iremos informando!!!

You can leave a response, or trackback from your own site.

1 Response to "3ª Festival das Cometas na Illa de Arousa: Unha tarde divertida e reivindicativa."

  1. ohhhhhhhhhhhhh ¡ que pena no haber podido irrr!!!.... pero en pensamientos estaba con todos vosotros, espero que para el año que viene podamos ir toda la familia...besos y sois geniales!!!!

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes