3º Festival das Cometas de Por Dereito na Illa de Arousa

O vindeiro 29 de setembro imos celebrar a terceira edición do Festival de Cometas.
Será a partires das 18.00 na praia do Vao, na Illa de Arousa. En canto crucedes a ponte veredes na praia que está á esquerda unha morea de papaventos inundando o ceo da Illa.
Esta actividade é totalmente gratuita e animamosvos a que veñades cos vosos cativos en a vosa cometa a pasar a tarde con nós. Se chove posporémolo ao sábado seguinte.

 Esta actividade faise coincidir co comezo do curso escolar e ten tres obxectivos fundamentais:
 - Iniciar o novo curso da Asociación cunha actividade lúdica e relaxante para as familias
- Compartir tempo de lecer con outras familias, desta maneira querémoslles transmitir que TODAS somos familias con nenos e nenas, que as nosas vidas son como as súas e que os nosos fillos xogan, rin e divírtense cos seus pais e nais como calquera outra familia.
 - Este ano queremos simbolizar no voo das cometas a fuxida dos dereitos dos nosos fillos, pero agarraremos con forza e decisión as cordas para que non se vaian voando. Sabemos que é complexo pero non podemos deixar que isto suceda.


Agradecémoslle ao Concello da Illa o seu apoio na realización desta actividade e a difusión da mesma.
Tamén queremos dicirlle a Gonzalo Fernández GRACIAS por facer o cartel e pola súa implicación con nós nesta actividade, el é o noso "cometeiro" experto.

You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "3º Festival das Cometas de Por Dereito na Illa de Arousa"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes