Señalética aracsaciana no Concello de Teo

Grazas a unha boa amiga ( grazas Carmen Fenández Cacho) temos por fin as fotografías dos pictogramas colocados no Concello de Teo.
Son pouquiños pero por algo se comeza. A idea xurdiu dunha mami que vive alí co seu neno con TEA e que nos pediu a nosa axuda, o Concello de Teo non o pensou dúas veces e aceptou a proposta. Digamos que estamos nunha primeira fase de adaptación pero o importante é que están convencidos de que isto é unha necesidade e un dereito.
Ben por todos os que o fixéchedes posible e unha vez mais grazas ao ARASAAC pola súa xenerosidade.

You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "Señalética aracsaciana no Concello de Teo"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes