Concerto adaptado a pictogramas do Arassac en Cambados
Todo comezou fai cuestión de un mes. Jose o Director da Escola de Música de Cambados plantexounos que quería facer un Concerto "especial", un concerto "para todos e todas", con pictogramas e imaxes que reflexasen o que unhas obras musicais querían transmitir.
Sentámonos a analizar as obras: título, autor, partes e a historia que contaban.
Puxémonos man á obra e nuns días tiñamos a primeira versión feita.
Logo o director revisouna con Laura, unha das profesoras da Escola, gran coñecedora xa dos pictogramas e dos apoios visuais que xa leva un tempo usándoos cos seus alumnos, dende que ten un neno de Por Dereito nas súas clases (fai xa tres anos).
Ela tivo que refacer de novo as presentacións, pois querían que cada imaxe reflexase o que cada momento musical estaba transmitido.
As interpretacións foron brilantes por parte da Banda de música de Castrelo, dirixida por Jose. E os comentarios do público...non se poden transmitir en poucas palabras, pero todos estaban entusiasmados. Ademais foi moi gratificante escoitar da boca de moitos dos asistentes que lles gustara moitísimo a idea, e que acompañar de imaxes e pictos as obras facilita o entendemento das mesmas a calquera de nós.
Gracias á Escola de Música por esta oportunidade de facer algo tan exquisito e seguir axudándonos a dar visibilidade ao autismo e á importancia dos apoios visuais tan necesarios para os nosos fillos, e polo que vemos non so para eles...
Gracias Jose e gracias Laura!!!! Seguide sempre nesta liña!!!
Deixámosvos aquí as presentacións e tamén algún dos vídeos das magníficas interpretacións destas obras.
0 Response to "Concerto adaptado a pictogramas do Arassac en Cambados"
Publicar un comentario