Festa do Autismo en Vilagarcía e en Cambados
Xa temos todo en marcha grazas á implicación dos Concellos de Cambados e de Vilagarcía.
En Vilagarcía estaremos o día 21 de abril de 17.00 a 20.00 na Praza da Pescadería e teremos actividades variadas para todos e todas:
Comezaremos coa actuación do gran Mago Marco.
Logo teremos en marcha un obradoiro de Globoflexia ao cargo da Cruz Vermella, un obradoiro de pinturae outro de maquillaxe, e un obradoiro de música ao cargo da Escola de Música de Vilagarcía
Conexiondance encargarase do Karaoke Pictográfico, para isto teremos unha pantalla xigante Led que xenerosamente nos deixa a empresa Espectáculos Multimedia Byled.
Protección Civil tamén quere botar unaha man facendo unhas sinxelas demostracións de salvamento.
En Cambados o día 28 estaremos no Parque de Torrado e si chove no Salón de Exposicións de Peña de 16.30 a 19.30 Nesta Festa teremos a actuación do Mago Norberto.
Segudidamente teremos os obradoiros de maquillaxe, globoflexia e pintura.
Inchables para saltar e disfrutar.
E novamente o Karaoke Pictográfico coas cancións adaptadas a pictogramas do ARASAAC, feitas na súa maioría por Esther Cuadrado.
En ambas Festas da Concienciación teremos unha mesa informativa de Por Dereito para quen queira falar connosco. Son dúas festas pensadas para que as familias se acerquen e compartan connosco unha tarde amena e divertida. Convidámosvos a que veñades!!!
Non podemos esquecernos de agradecer a axuda que nos brinadades todos os que facedes posible isto: voluntarios de Por Dereito, voluntarios de BATA, os monitores e empregados dos concellos, Espectáculos Multimedia BYLED, Mago Marco, Protección Civil de Vilagarcía, Cruz Vermella de Vilagarcía, Escola de Música de Vilagarcía, ARASAAC, a diseñadora do cartel (Inés Casal), a que fai posible que teñamos cancións adaptadas a pictos ( Esther Cuadrado), voluntarios de Conexiondance e equipos de goberno de ambas corporacións locais.
Grazas no nome das familias de POR DEREITO!!!!!
You can leave a response, or trackback from your own site.
0 Response to "Festa do Autismo en Vilagarcía e en Cambados"
Publicar un comentario