Novo Decreto de Atención á Diversidade en Galicia
Xa está aprobado o novo Decreto de Atención á Diversidade galega.
Dádevos conta de que dende 1996 non se reformara nada na lexislación neste aspecto pero poucas novidades establece este decreto con respecto ao anterior.
No novo decreto a palabra que mais se repite é a de INCLUSIÓN, pero agora veremos como farán para que esta sexa efectiva e real, algo que de momento non está sendo así para moitos nenos e nenas galegos: Falta conciencia inclusiva, falta formación e continuidade do profesorado e faltan apoios suficientes para que os nosos fillos poidan avanzar. De feito neste novo documento hai algo que nos preocupa e moito:
"Os centros educativos contarán cos profesionais especializados necesarios para atender as necesidades do seu alumnado. Entre eses profesionais inclúese o profesorado de pedagoxía terapéutica e/ou audición e linguaxe que se estableza de acordo co número de unidades."
Isto quere dicir que o número de profesores de AL e PT que poden estar nun centro depende só das unidades do centro non do número real de alumnos que precisen deste apoio . Vamos que teremos un PT e un Al como moito teñamos 10 alumnos con diversidade ou 30 alumnos...ALGO MOI PREOCUPANTE!!!!
Tamén sería necesario buscar modalidades mais acordes coas necesidades destes mozos e mozas na educación secundaria pois non se pode pretender que moitos destes rapaces pasen 6 horas ao día sentados nun pupitre recibindo formación académica, tería que existir unha modalidade de obradoiros combinada con aprendizaxes académicos significativos, ainda que isto non só é necesario para as persoas con diversidade...
Non imos agora a facer un análise en profundidade deste novo decreto pero si que vos convidamos a lelo con calma xa que é a base da escolarización dos nosos nenos e nenas a partir de agora.
decreto_atencion_diversidade
0 Response to "Novo Decreto de Atención á Diversidade en Galicia"
Publicar un comentario