Participamos no concurso de microcortos "Yo Como Tú"

Os pais e nais de Por Dereito sempre estamos a argallar algo novo, algo que nos permita dar visibilidade e concienciar sobre a inclusión das persoas con diversidade.
Nesta ocasión FEAPS Madrid convocou un concurso de microcortos que se axusta a este obxectivo noso.
A idea é que os 12 microcortos finalistas sexan proxectados nos trens de RENFE en datas próximas e que os premiados acudan a un acto a Madrid para recibir un pequeno agasallo en metálicoPuxemos man á obra e ao final despois de moito gravar, pintar, pensar, discutir, escribir, facer variadas tomas, tiñamos claro que iamos presentar dous microcortos:
- Un deles chámase: "La inclusión Por Derecho". Este microcorto foi gravado  durante o noso Festival Anual das cometas na Illa de Arousa, e ainda que se gravou durante horas, os nosos grandes artistas ( Rafa Aguín e Santiago Pereira) decidiron facer esta pequena historia con Alberto. Tamén colaborou coa súa música Yago Pereira, e puxo a súa voz Carlos de Conexion Dance
Este é o resultado


- O segundo vídeo chámase: "La inclusión debe ser una realidad y no un sueño inalcanzable". Neste corto participaron moitas das nosas familias pero loxicamente os nosos "artistas" tiveron que seleccionar novamente algunhas das tomas, pois non todas servían por distintos motivos...
Onte a organización do Concurso "Yo Como Tú " púxose en contacto con nós para decirnos que este último corto foi nomeado finalista xunto con outros 11 e que a partires de hoxe  á tarde e hasta o día 17 de novembro poderemos votar o que mais nos guste na súa páxina. Podedes velo e votalo en:
http://yocomotu.feapsmadrid.org/

You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "Participamos no concurso de microcortos "Yo Como Tú""

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes