Segundo festival das cometas na Illa de Arousa


O vindeiro 17 de setembro e con motivo do inicio escolar queremos facer de novo un encontro con todos os que queirades pasar unha tarde con nós e os nosos fillos e fillas. Xuntarémonos na Illa de Arousa ás 18.00, na praia do Bao, xusto aos pasar a ponte á man esquerda.
Queremos pasalo ben, pero sobre todo queremos recordarlle á sociedade na que vivimos que existimos e que rimos, e disfrutamos como calquer neno e nena, e que ese sonriso depende en gran parte de que os demais nos vexan como un mais, como un neno e nena que quere aprender, xogar e divertirse cos nenos e nenas da nosa idade.
Sacade as vosas cometas do maleteiro do coche, do trasteiro, do garaxe... e vinde a compartir con nós unha tarde inolvidable.
ALÍ VOS ESTAREMOS ESPERANDO!!!!

Se o tempo non quere aompañarnos o que faremos é deixar o encontro para o sábado seguinte á mesma hora.




You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "Segundo festival das cometas na Illa de Arousa"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes