A Prevención de accidentes nos nenos/as través das súas familias

Queremos ofrecervos a posibilidade de que vexades o material que Raquel Navas (pedagoga de DXT) e Maxi Cid (policía local) empregaron na mesa redonda que tivemos en Exposalnés en Cambados o venres 29 de abril.
Dende aquí queremos agradecerlles aos ponentes as súas ilustradoras intervencións.
A presentación de Raquel de Navas foi unha boa lección sobre a importancia dos axentes educadores na prevención dos accidentes infantís. Rematou a súa intervención cun precioso conto de Tito e Lalín adaptado por Otilia Váquez cos pictos do ARASAAC.





Maxi conseguiu que todos nos emocionáramos e dixo moitas cousas interesantes, non sabemos que coñecementos ten sobre o autismo pero falaba coma se fixera un master sobre o tema, dende logo que soubo captar a nosa atención e darnos moitos ánimos para seguir co noso traballo, tal vez algún día atopemos todo cheiño das frores que estamos a prantar e de seguro que atopremos xente que nos axude a mover a pesada árbore.







A nosa "presi" deu unhas pinceladas sobre o autismo e rematou falándonos dunha ferramenta "Edilim" que permite crear actividades sinxelas e variadas para os nosos nenos usando imaxes e mostrou un exmplo dunha actividade de educación vial.






You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "A Prevención de accidentes nos nenos/as través das súas familias"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes