Gran Festa de Concienciación do autismo en Cambados
O día 30 de abril celebraremos en Cambados a Festa da Concienciación do Autismo.
Este ano contamos como importante novidade a participación da DXT neste evento. Xa o día 29 teremos unha mesa redonda en Exposalnés co tema da prevención de accidentes na infancia e da importancia da familia como modelo para a prevención.
O evento será ás 20:00 e contaremos coa inestimable presencia de Raquel Navas, pedagoga especialista en temas de discapacidade, que se desplaza desde Madrid para estar presente nestes eventos. Estará tamén xefe da policía local e a presidenta de Por Dereito para aportar as súas visións sobre este interesante tema. A entrada é libre e gratuita
O día 30, a partires das 16:00 no Parque de Torrado teremos a festa infantil con inchables, obradoiros variados da DXT, globoflexia, maquillaxe e incluso un pequeno karaoque. Como bos galegos que somos non esquecemos a nosa cultura polo que faremos un maio e escoitaremos e veremos bailar á asociación Volandeira no transcurso da tarde.
Teremos tamén unha mesa informativa para quen queira falar connosco e onde entregaremos unhas preciosas chapas que o Psoe de Cambados tivo a deferencia de facernos para conmemorar este día.
Para quen queira un recordo deste día tamén teremos a posibilidade de quitar unha foto moi orixinal.
A Asociación Bata tamén estará presente botando unha man nas distintas actividades e cunha mesa de venta de abalorios feitos por mozos e mozas do Centro de Día "Abuela Esperanza".
A tarde polo que vedes promete ser moi divertida, esperámosvos e asegúrovos que o imos pasar moi ben xuntos.
0 Response to "Gran Festa de Concienciación do autismo en Cambados"
Publicar un comentario