Colaboración entre o Concello de Cambados e Por Dereito

Recentemente Por Dereito presentou no Concello de Cambados un proxecto de "Lecer para todos e todas". O Alcalde aceptouno sen por ningún tipo de obxección. O proxecto consta de tres bases fundamentais:
1º- Adaptación do contorno a pictogramas que fagan accesibles os espazos para todas as persoas que teñan dificultades de comprensión oral.
2º- Formación para todo o persoal do concello en aspectos básicos do TEA e os SAAC (sistemas alternativos e aumentativos de comunicación)
3º Permitir que cando unha persoa con diversidade funcional se inscriba en calqueira actividade desenvolta polo concello poida ir acompañada dun terapeuta as sesións que precise para adaptarse á nova situación, espazo... e que axude ao monitor da actividade a comprender as características desta persoa.
Para comezar con este novo proxecto o Concello vai inaugurar en próximas datas a nova biblioteca na que estarán todos os espazos correctsamente sinalados cos pictogramas necesarios.
Este ano tamén temos todo o programa de festas de Cambados e a cartelería da Festa do Albariño adaptada a pictos, hai cousiñas que mellorar pero creo que ata o momento non coñezo ningún outro lugar onde se fixera algo similar a isto.
Déixovos aquí o programa en PDF para que lle botedes un ollo...

Programa Albariño 2010 con pictos

UN PASIÑO MAIS NA INCLUSIÓN DE PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL NA SOCIEDADE!!!

You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "Colaboración entre o Concello de Cambados e Por Dereito"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes