Manifestacións do Xefe Territorial de Pontevedra

Educación non recorrerá a sentencia da alumna de Catoira que o bipartito quería escolarizar nun centro especial
A Xefatura Territorial recorda que é a segunda sentencia destas características o que ven a demostrar que o anterior Goberno bipartito "non fixo ben as cousas"
Ven, 12/02/2010 - 09:24

A Xefatura Territorial de Educación na Delegación de Pontevedra non recurrirá a sentencia que da a razón aos pais dunha nena de Catoira que poderá continuar a súa formación no CPI Progreso. O fallo xudicial desautoriza ao anterior Goberno bipartito, que pretendía escolarizala no centro de Educación Especial de Vilagarcía.

Dende Educación considérase "lóxica" a decisión xudicial. ¿Esta é a segunda sentencia que se falla a favor dos pais nos últimos días en casos similares o que ven a demostrar que o anterior Goberno bipartito non fixo ben as cousas¿, explicou o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares. "Para a Consellería de Educación -engadiu o responsable da Xefatura Territorial- debe primar o principio de inclusión e a normalización deste tipo de trastornos xeneralizados no desenrolo".

De acordo cos servizos xurídicos da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, decidiuse non recurrila sentenza "á vista das probas e os informes e tendo en conta que este fallo xudicial só veu a desautorizar decisións políticas equivocadas adoptadas polo anterior delegado de Educación do bipartito".

De tódolos xeitos, dende Educación manteránse as valoracións periódicas do menor para ir adaptándoo en cada momento ao sistema educativo segundo as súas necesidades, tal e como establece a lexislación.

"Nestes intres a avaliación mostra uns resultados moi positivos para a nena, aínda que os equipos de orientación tanto do centro como da Xefatura Territorial continuarán a realizar os controles pertinentes de cara a súa adaptación curricular", concluíu César Pérez, quen engadiu que nos próximos días manterá un encontro cos pais para analizar a sentencia e falar do futuro da alumna, "xa que a sentencia desestima parcialmente a petición que fixeron os pais no senso da permanencia prolongada da nena no CEIP. Ésta é a razón pola que eles terán que entender que a rapaza deba ser avaliada polos equipos de orientación de forma continuada".


Enderezos:
Páxina da Xunta
Noticia no Faro de Vigo sobre o caso de Catoira
Noticia en El Mundo sobre o caso de Vigo

You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "Manifestacións do Xefe Territorial de Pontevedra"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes