2 de Abril, Día da Concienciación do Autismo



Achégase o 2 de abril, Día da Concienciación do Autismo. A nosa asociación conseguiu que en dos concellos da comarca de Arousa (Vilagarcía e Cambados) se fagan diversas actividades de concienciación. Pensamos sobre todo nas familias en conxunto e para iso os concellos van a organizar unhas actividades lúdicas para os nenos e lóxicamente gratuitas.
Este fin de seamana terei os carteis e podrei mostralos neste blog. Mentras tanto estiven discurrindo con outras mamis blogueras cal podería ser o símbolo que nos gustaría usar e o resultado é este

A verdade que é moi fácil de facer cuns laciños ou cuns cordóns de cores entrelazados. Anímovos a que nese día fagades un ou os que consideredes oportuno e que o mostredes con agarimo e orgullo.

You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "2 de Abril, Día da Concienciación do Autismo"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes