BENVIDOS

Benvidos a Pordereito. Neste blog varios pais e nais da asociación iremos contando os pasos que estamos a dar cara á inclusión dos nosos fillos na sociedade.
Intentaremos tamén contarvos as novas que atopemos sobre TEA, TXD ,TC e todas aquelas cousiñas que se lle ocurran aos outros papis e mamis. Todos eles son xente moi ocupada pero tamén moi activa así que tede paciencia, pero de seguro que se animarán a participar neste pequeno lugar de encontro.
De momento tedes nos enlaces da dereita algunhas novas da prensa sobre nós, quen nos axudaron a escomezar, un vídeo de Javier Tamarit sobre a Educación Inclusiva que non ten desperdicio... Cacheade un pouco por aí e seguro que atoparedes algo interesante.
Saúdos e unha forte aperta de CUCA

You can leave a response, or trackback from your own site.

2 Response to "BENVIDOS"

  1. En hora boa polo novo blog. Creo que é unha boa idea que teñades un só para a asociación, xa que vos permite concentrar os temas relacionados nun único espacio.Tamén me parecen moi acertadas tódalas webs de interese que engadides. Sorte, e xa sabedes que contades có meu apoio.

    mamiago says:

    Eu súmome á opinión, é unha boísima idea.

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes